Os lobos devoran unha cadela de caza a só 300 metros dunha vivenda en Quiroga

O propietario nada puido facer por salvar a vida do seu animal

Un veciño da localidade de Camposdevila, no municipio de Quiroga, denunciou que unha manda de lobos devorou case totalmente a unha pequena cadela de caza de raza setter, que estaba a tan só 300 metros da súa casa. O home sinalou que os feitos se produciron a plena luz do día, sobre as sete da tarde do pasado venres, logo de dar un paseo cos seus tres cans.

Cando regresou ao seu domicilio viu como un dos canes non o acompañaba polo que saíu a buscalo, aínda que xa o encontró morto e con parte do esqueleto á vista.

Este veciño de Camposdevila sinalou que cada vez son máis numerosos os ataques de lobo na zona. Asegura que diso poden dar constancia os cazadores, pois, destacou, non é raro que perdan algún can cando salguen de batida polo monte.

Este veciño xa presentou unha denuncia ante a Garda Civil e comunicou o sucedido tanto á Federación Galega de Caza como á Consellería de Medio Rural.