Licitan a recuperación de pinturas murais de San Vicente Pinol do século XVI

Os traballos na nave principal da igrexa, en Sober, teñen un orzamento de 137.000 euros

Iglesia de San Vicente de Pinol en Sober. EP
photo_camera Igrexa de San Vicente de Pinol en Sober. EP

A Consellería de Cultura publicou este mércores a licitación da restauración das pinturas murais da nave principal da igrexa de San Vicente de Pinol, no municipio de Sober, cun orzamento de 137.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou a importancia desta actuación, que "servirá para recuperar un conxunto pictórico de gran valor histórico e artístico, que permanecía na súa maior parte oculto, cuberto pola cal".

Os traballos centraranse nos muros norte e sur da nave, así como no arco que os une a ambos. Hai áreas, manifestou a Xunta, nas que se fixeron "catas polas que asoman os elementos iconográficos, ademais de zonas desencaladas que tamén necesitan dunha restauración". O estilo das iconografías sitúaas como unha obra pictórica de principios do século XVI. 

Comentarios