Juan Carlos Navarro, un mito do baloncesto español, de visita por Sober

Él e a súa esposa estiveron acompañados de dous directivos da pena barcelonista Val de Lemos
navarro
photo_camera Navarro e a súa esposa, co directivo de Val de Lemos. EP

Unha das lendas do baloncesto español, Juan Carlos Navarro, deixouse ver pola Ribeira Sacra. En concreto realizou unha visita ao municipio de Sober. Alí, Navarro e a súa esposa, foron recibidos por directivos da pena barcelonista Val de Lemos Luís Conde e José Luis Campos.

Juan Carlos Navarro xogou de escolta no Barcelona, equipo co que logrou 23 títulos, entre os que destacan oito ligas, sete copas, cinco supercopas e dúas euroligas. Como internacional español abanderou unha exitosa xeración coñecida como os Júniores de Ouro, que se proclamou campioa europea xuvenil en 1998 e campioa mundial júnior en 1999 ao derrotar na final a Estados Unidos. Foi internacional absoluto e capitásn da selección española entre 2000 e 2017, totalizando 253 partidos.

Comentarios