José Manuel Franco, presidente de honra do PSOE da Pobra do Brollón

Actualmente ocupa o posto de secretario xeral dos socialistas madrileños

José Manuel Franco. EP
photo_camera José Manuel Franco. EP

A agrupación municipal do PSOE da Pobra do Brollón escolleu este luns a José Manuel Franco, actual secretario xeral dos socialistas madrileños, como presidente de honra do partido na localidade. Natural de Castroncelos, Franco é profesor honorario da facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid.

Franco milita no PSOE dende hai máis de trinta anos e iniciou a súa traxectoria en Monforte. A agrupación da Pobra do Brollón tomou a decisión "pola súa constante implicación coa Pobra do Brollón, poñendo en valor as súas orixes e pola súa acérrima defensa das políticas sociais, a igualdade e o galeguismo".

O presidente de honra da formación no Brollón asegurou que este nomeamento "é un auténtico orgullo". "Este recoñecemento é moi especial para min pois a miña familia é de aquí e parte do meu corazón está neste concello. Aínda que vivo en Madrid, sempre que podo veño á Pobra do Brollón, pois gústame a tranquilidade e a beleza da contorna, en especial, dos seus montes. Pero sobre todo, teño a ledicia de palpar o cariño me teñen os veciños e veciñas deste municipio lucense, que é totalmente recíproco pola miña parte”, asegurou o socialista homenaxeado.

Comentarios