viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Javi Villa, líder en Chantada

López-Fombona. XESÚS PONTE
López-Fombona. XESÚS PONTE

O asturiano encabeza a categoría II tras a primeira Subida, marcada por un aparatoso accidente á media hora do inicio

A xornada deste sábado da edición número 47 da Subida a Chantada deixou as primeiras sesións de adestramento e a primeira das probas oficiais que integran esta proba, puntuable para o campionato de España de montaña. 

A primeira manga de adestramentos, aberta polos pilotos prioritarios deixou a ausencia de tres. Humberto Janssens, Cristóbal García e Rubén Blanco non tomaron a saída nunha sesión de adestramentos inicial que tivo que deterse pola rotura do turbo do vehículo de Joseba Iraola, un dos principais candidatos a facerse coa vitoria na proba chantadina. 

Na categoría II, o asturiano Javi Villa fíxose coa vitoria pilotando o seu BRC BR53 e detendo o crono en 1:45:021, cunha moi destacable velocidade media de 147 quilómetros por hora. Raül Ferré e o seu Silver Car rodaron a oito décimas do piloto de Colunga. 

Na categoría III, a dos CM Promo, o cántabro Mario Asenjo levou a vitoria cun tempo de 1:58:422. En segundo lugar, Garikoitz Flores marcou un tempo de 1:58:435, só separado de Asenjo por trece centésimas. 

Finalmente, na categoría B carrozados deixou o tema co dominio do asturiano López Fombona e o seu Lamborghini Furacán Super Trofeo. Fombona detivo o tempo en 2:00:068, nove décimas por enriba de Manuel Avilés. Fóra do CEM, a mellor marca foi para Javi Rey cun tempo de 01:57:147. 

A xornada deixou tamén o accidente que sufriu Adrián Pereira, que afortunadamente saíu case ileso cunhas lixeiras molestias no torso. 

Este domingo celébrase a última manga de adestramentos, as dúas subidas oficiais restantes e a posterior entrega de premios nas respectivas categorías.

Javi Villa, líder en Chantada
comentarios