Investigado un veciño de Chantada por un cultivo de 453 plantas de marihuana

A persoa investigada e o material incautado foron postos a disposición xudicial,

A Garda Civil investiga na localidade de Chantada a un veciño desta localidade de 46 anos de idade como presunto autor dun delito contra a saúde pública en relación a strong <>un cultivo de 453 plantas de suposta marihuana.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar na tarde deste luns nas proximidades do lugar de Viñas, en Chantada, tras localizar días antes unha plantación de 453 plantas de diferentes tamaños (entre 30 e 120 centímetros de altura).

Por iso, procedeuse a imputar en calidade de investigado ao presunto autor e a intervir as plantas e diversos útiles empregados no cultivo da suposta marihuana.

A persoa investigada e o material incautado foron postos a disposición xudicial, sinalaron as mesmas fontes.