O infantil do Korbis Daniel Rodríguez, nunhas xornadas da federación española

Daniel Rodríguez Sanjurjo. EP
photo_camera Daniel Rodríguez Sanjurjo. EP

O xogador infantil do CV Korbis Daniel Rodríguez Sanjurjo foi seleccionado para as xornadas de supervisión e control da Federación Española de Voleibol, enmarcadas no plan 2025.

Dani desprazarase este domingo a Azuqueca de Henares para adestrarse ás ordes dos técnicos nacionais.

Desde o club monfortino celebraron esta convocatoria e mostráronse seguros de que suporá para o seu xogador "unha grande experiencia e aprendizaxe".

Comentarios