Enfado do Xoán de Requeixo de Chantada con Educación: "Os datos do noso centro non son reais"

A dirección do colexio asegura que non teñen constancia de ningunha persoa positiva en covid entre o alumnado
Una niña en un centro educativo. EUROPA PRESS
photo_camera Unha nena nun centro educativo. EUROPA PRESS

A dirección do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada emitiu este mércores un comunicado para expresar a súa "indignación" coa información divulgada pola Consellería de Educación relativa aos positivos entre o alumnado dos centros educativos da provincia ao asegurar que os datos sobre o seu colexio "non son reais". En concreto, a Xunta incluíu o martes dous contagios no catro chantadino, dos que a responsable do centro di non ter constancia.

"Neste momento, que teñamos coñecemento, non hai ningunha persoa positiva en covid 19 non noso centro", alega no escrito remitido aos medios, no que pide ás consellerías de Sanidade e Educación "máis coordinación, proporcionando datos reais e non creando confusións".

Comentarios