sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Un incendio en Quiroga obriga a cortar a estrada e a vía de ferrocarril

Varios vehículos retidos na N-120 a causa do lume.EP
Varios vehículos retidos na N-120 a causa do lume.EP

As chamas producíronse nunha zona próxima á N-120, polo que se cortaron as comunicacións como medida preventiva

Un incendio forestal que se iniciou sobre as oito da tarde do martes no municipio de Quiroga, á;altura da parroquia de Montefurado, causou importantes retencións de tráfico na estrada Nacional 120, así como o peche cautelar da vía do ferrocarril procedente de Ponferrada con destino a Monforte a fin de evitar problemas. E é que o lume se orixinou moi preto da estrada e da  vía, afectando a unhas oito hectáreas de terreo, a maior parte delas de monte baixo.

Ás 23.30 horas do 2 do xullo as chamas estaban controladas e perimetrado o seu radio de acción. Nos traballos de extinción participaron tres helicópteros, catro motobombas, tres axentes e sete brigadas. Estas últimas quedaron de retén durante a noite e a madrugada deste mércores.

Un incendio en Quiroga obriga a cortar a estrada e a vía de...
Comentarios