Un incendio nunha cheminea dana unha casa na Praza do Cantón de Chantada

O propietario da vivenda, un membro da Policía Local, decatouse do lume e alertou ás autoridades
La habitación afectada. EP
photo_camera La habitación afectada. EP

Un incendio que se orixinou na saída de gases dunha cheminea francesa dunha casa situada na Praza do Cantón de Chantada causou importantes danos nunha das habitacións da vivenda, un espazo abuhardillado. Non houbo que lamentar danos persoais.

O sinistro ocorreu ás sete e media da tarde do sábado, cando o propietario da casa, un membro da Policía Local chantadesa, percibiu cheiro a queimado e tras inspeccionar as habitacións decatouse que estaba en combustión unha parte do teitume dunha estancia, de madeira, que estaba en contacto coa cheminea.

Os primeiros en actuar foron os seus compañeiros da Policía Local, que acudiron á súa chamada e descargaron varios extintores para apagar as chamas. Logo chegaron os efectivos do corpo comarcal de bombeiros, que acabaron de sufocar o lume e procederon a refrescar tanto a cheminea como o tellado da casa.

Así mesmo, comprobaron con cámaras térmicas que o incendio non chegase a afectar e causar danos na edificación lindeira. Os bombeiros mantivéronse no lugar por se se reproducía o lume.