Un incendio calcina o interior dunha adega no Saviñao

Os feitos rexistráronse en Pesqueiras, ás 18:00 horas

Un incendio declarado esta tarde nunha adega no Saviñao provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida, informou o 112.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou o interior da estancia e afectou tamén ao tellado.

Os feitos rexistráronse en Pesqueiras, ás 18:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do incendio.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Chantada e á Garda Civil.