Inaugurado o belén hebreo que decorará a casa da cultura de Monforte este Nadal

O nacemento foi elaborado polo artesán José Antonio Dávila e está composta por 60 figuras de distintos tamaños que recrean diferentes escenas relacionadas co soado episodio bíblico

IMG_3464 def
photo_camera Membros do equipo de goberno de Monforte, entre eles o alcalde, inauguraron o belén. EP

O belén hebreo que decorará este Nadal a casa da cultura de Monforte foi inaugurado este mércores polo alcalde, José Tomé; a tenente de alcalde, Gloria Prada, e os edís de cultura, Marina Doutón, e servizos, José Luis Losada. O nacemento é unha peza artesá elaborada por José Antonio Dávila. Mide 20 metros cadrados e está composto por 60 figuras de distinto tamaño que recrean diferentes escenas.

O belén poderá contemplarse ata o próximo 14 de xaneiro, sempre atendendo ás medidas de seguridade e aforamentos determinados polas autoridades sanitarias ante a pandemia de covid-19.

Na peza aparecen representados a Anunciación, a petición de pousada en Belén, o propio nacemento de Cristo, a visita dos Reis Magos e os pastores, o empadroamento ou a fuxida a Exipto e hai sitio para edificacións como o castelo de Herodes, a herrería ou o portal. A montaxe conta tamén con efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así como fontes e unha fervenza.

comentarios