lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

Hospitalizado un tío do alcalde de Carballedo ao ser atropelado na Barrela

Cruzamento no que se produciu o atropelo. GOOGLE MAPS
Cruzamento no que se produciu o atropelo. GOOGLE MAPS

Un home duns 90 anos de idade foi hospitalizado este domingo tras sufrir un atropelo en A Barrela, a capitalidade do concello de Carballedo. A vítima é Fernando Vázquez Álvarez, un veciño moi coñecido do municipio e tío do alcalde, Julio Yebra. Ao redor das 19.45 horas, o nonaxenario cruzaba por un paso de peóns preto do bar Cazolo. Nese momento, un turismo viraba en dirección a San Cristovo de Cea. Non o viu e levou por diante ao peón.

O home foi trasladado en ambulancia ao hospital comarcal deMonforte para facerlle probas. Estivo consciente en todo momento, aínda que con moito dor e posiblemente con algún óso roto.

O condutor, un veciño de Chantada, mostrouse moi afectado polo ocorrido. Varias testemuñas afirmaron que ese paso de peóns está mal situado. Hai pouca visibilidade, sobre todo de noite, e iso aumenta o perigo e o risco de sufrir un accidente.

Hospitalizado un tío do alcalde de Carballedo ao ser atropelado na...