Atopan un home de 62 anos que levaba morto catro días nun hostal de Monforte

Natural do Incio, todo apunta a que pereceu por causas naturais

Axentes da Policía Nacional, Local, bombeiros e sanitarios do 061 acudiron na mañá deste martes, sobre as 11.30 horas, ao hostal Ponte Romana de Monforte, situado no Paseo do Dique, debido a que un dos seus inquilinos levaba días sen dar sinais de vida. Os efectivos de urxencias tiveron que acceder ao cuarto por unha fiestra, xa que a habitación atopábase pechada con chave.

Tras entrar na habitación que ocupaba constatouse que o home, de 62 anos de idade e natural do O Incio, falecera. Todo apunta a que pereceu por causas naturais e que levaba uns catro días falecido.