O herdeiro sorpresa de Chantada

Un perruqueiro de Miami que non tiña descendencia faleceu sen deixar testamento e parte do seu patrimonio foi para un curmán paterno afastado, José Areán, gandeiro e veciño de Muradelle
José Areán, en el interior de su explotación, en el lugar de Barrio. MIGUEL PIÑEIRO
photo_camera José Areán, en el interior de su explotación, en el lugar de Barrio. MIGUEL PIÑEIRO

Imaxinen que un día están tranquilamente na súa casa e alguén lles comunica que herdaron dun familiar afastado e sen fillos, residente a moitos quilómetros e ao que apenas coñecen un patrimonio próximo ao medio millón de euros. Seguramente, o primeiro que se lles veña á cabeza é unha broma de mal gusto ou un intento de estafa. Así empeza a historia de José Areán.

Este gandeiro residente na parroquia chantadesa de Muradelle recibiu un día a noticia de que un curmán afastado seu falecera nos Estados Unidos, deixándolle unha importante herdanza. Deulla un recentemente estreado programa televisivo da Sexta, Cazaherederos, presentado polo xornalista Jalis da Serna.

En Miami vivía un perruqueiro nacido en Arxentina co mesmo apelido que José. Antonio Areán era primo irmán do seu pai, non tiña fillos e estaba divorciado, aínda que no final da súa vida era parella doutro home. Faleceu por covid-19 aos 69 anos e o seu patrimonio quedou nun limbo, pois non deixou testamento. A partir de aí empezou unha carreira de fondo para dar cos herdeiros.

DE MIAMI A Barrio. "Ao parecer, nos Estados Unidos hai que localizar a rama materna e a paterna da familia para poder herdar, pois do contrario xorden dificultades", explica José Areán.

A familia que Antonio Areán conservaba en Arxentina, por parte da súa nai, reclamaba a súa metade da herdanza, pero desde Estados Unidos non facilitaban o proceso sen saber dos descendentes máis próximos pertencentes á beira paterna. Aí comezou a tarefa do equipo de Cazaherederos, que acabou dando cos parentes de Antonio nun lugar chamado Barrio, onde José Areán vive coa súa familia.

Da mesma Muradelle marcháronse hai moitos anos os pais —el de Barrio e ela de Uriz— de Antonio Areán. E nesa parroquia mantiña o perruqueiro de Miami os seus raíces galegas, representadas en José e os seus.

Tendo a conta o cambio de dólares a euros e algúns trámites máis, a cantidade total que percibirán rolda os 200.000 euros. Moi pouco é en efectivo. A maioría do patrimonio de Antonio é un edificio de alto valor en pleno Miami.

Máis en Ribeira Sacra
Comentarios