domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

O grupo Socratea decide unir a viticultura á súa decidida aposta polo turismo en Quiroga

Juan Luís Vázquez, xerente de Socratea.
Juan Luís Vázquez, xerente de Socratea.
Esta firma, que atende viñedos de terceiros no val do Sil, prepara a súa propia plantación, de 20 hectáreas, para sacar a súa propia marca

Socratea, un grupo empresarial con sede en Quiroga dedicado ao turismo, continúa expandindo a súa carteira de negocios cunha clara aposta polo sector vitivinícola. Neste ámbito, o proxecto máis relevante é a viña que creará en Casa de Outeiro, no municipio quirogués. Alí comezou a preparación do terreo, que se disporá en bancales para plantar a principios de 2021 unhas vinte hectáreas con cepas de preto de dez variedades autóctonas, dando prioridade á uva mencía e godello.

A súa aposta polo viño compleméntase coa marca Herdanza. "Lanzámola non seu día co obxectivo de alugar parcelas en risco de quedar abandonadas e tivemos unha moi boa acollida", indica Juan Luis Vázquez, xerente de Socratea, quen destaca que nunhas semanas xa tiñan ao seu cargo dez hectáreas de viñedos. Deste xeito, dixo que rescatando plantacións que podían quedar en desuso tamén contribúen a manter a paisaxe do sur de Lugo, que, "xunto co viño", é responsable "de boa parte do éxito que está tendo a Ribeira Sacra a nivel turístico".

Ademais, desde a firma Herdanza tamén se encargan de realizar vendimas a adegas das denominacións de orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. Fano "ante a falta de persoal. Cada ano temos que buscar máis persoas para a vendima".

O grupo Socratea decide unir a viticultura á súa decidida aposta...
comentarios