A Garda Civil denuncia un bar de Taboada tras realizar unha inspección

Entre outras cousas, a denuncia vén motivada por desobediencia, por non uso máscara e non cumprir horario de peche

Generated by  IJG JPEG Library

A Garda Civil realizou unha denuncia contra un bar de Taboada na madrugada do pasado domingo.

Tras realizar unha inspección, os axentes realizaron a denuncia por desobediencia, por non uso máscara e non cumprir horario de peche, ademais de diversas infraccións relacionadas coa hostalería, entre elas non cumprir a normativa de tabaco. 

A todo iso súmaselle a non colaboración na inspección ao non facilitar a documentación solicitada.

Comentarios