jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Un granxeiro de Chantada denuncia ataques continuados dos cans dun veciño ao seu gando

O gandeiro que denunciou os ataques en Chantada xunto as súas vacas. EP
O gandeiro que denunciou os ataques en Chantada xunto as súas vacas. EP
O dono dos animais tamén ameazou e acosou ao granxeiro a través das redes sociais

Un gandeiro de Chantada denunciou os ataques que sofren as súas vacas por parte dos cans dun veciño, ao que acusa de ceibalos intencionadamente. 

Segundo informa o Sindicato Labrego Galego, Vítor Fernández leva tempo sufrindo este tipo de ameazas e ataques. Nun primeiro momento pensou que os cans estaban soltos, pero ao ver que os ataques continuaban decidiu notificalo á Garda Civil. 

Ante as visitas da Benemérita para tentar razoar co dono dos animais, explica o SLG, este aínda se puxo "máis agresivo" e intensificáronse os ataques cos cans sobre o gando na granxa ecolóxica ubicada nun terreo preto do río que divide os concellos de Chantada e Carballedo. Ademais, o veciño, segundo denuncia o gandeiro, comezou a ameazalo a través das redes sociais e por WhatsApp. 

[Un dos ataques sufridos polo rabaño]

Pese a que bloqueou toda comunicación co seu acosador, este continuou as ameazas a través de terceiras persoas. Foi entón cando o afectado comezou a interpoñer denuncias diante da Garda Civil por ameazas á súa persoa e ataques contra o seu gando. O último ataque por parte da manda de cans sufriuno esta semana.

Por todo iso, desde o sindicato pídenlle ás Administracións que actúen para por fin á esta "situación flagrante de acoso permanente e ameazas que están a facer imposible que este mozo gandeiro desenvolva con normalidade a súa profesión e a súa vida". Polo de agora, indican, as súas vacas xa padeceron varios abortos e tivo que levar unha ao matadoiro por esta "persecución".

Un granxeiro de Chantada denuncia ataques continuados dos cans dun...
comentarios