sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

O futuro Plan de Sustentabilidade Turística impulsará os valores da Ribeira Sacra

Román Rodríguez (centro), cos membros do consorcio de turismo onte nos Peares. EP
Román Rodríguez (centro), cos membros do consorcio de turismo onte nos Peares. EP
Na iniciativa colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais co obxectivo de reactivar esta industria da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, ambiental e territorial
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, espera que o futuro Plan de Sustentabilidade Turística permita impulsar os valores da Ribeira Sacra como destino verde, ligado á aposta polo medioambiente e a paisaxe cultural. 

Fíxoo tras manter un encontro con representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra no que expuxo os detalles desta iniciativa, na que colaborarán a Xunta, o Goberno central e as entidades locais co obxectivo de reactivar esta industria da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, ambiental e territorial. 

Román Rodríguez detallou que Galicia se comprometeu a coordinar esta acción e a remitirlle ao Ministerio as propostas formuladas polos destinos que opten a esta iniciativa, que se desenvolverá nun período de tres anos e contará cun orzamento de 3 millóns que achegará o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais beneficiarias. 

As entidades locais serán as encargadas de elaborar a proposta de actuación que, posteriormente, valorará a Secretaría de Estado de Turismo. Precisamente, Román Rodríguez trasladou aos membros desta entidade os requisitos que deberá reunir o futuro Plan de Sustentabilidade e os criterios que se valorarán para a súa elección. 

A iniciativa componse de dúas vertentes, unha centrada en destinos xa consolidados, caracterizados por recibir unha gran afluencia de xente e que busquen reorientar o seu modelo turístico cara a outros máis intelixentes e sostibles, e outra vertente, na que se encadraría a Ribeira Sacra, focalizada en destinos rurais ou de interior, que ten por obxectivo pór en valor aspectos como o patrimonio cultural ou ambiental ou crear novos produtos turísticos baseados nas súas particularidades. 
 

O futuro Plan de Sustentabilidade Turística impulsará os valores da...
comentarios