O Folión xa roda no mercado gandeiro

Os carros que o vindeiro día 27 desfilarán polas rúas de Chantada constrúense estas semanas no interior do recinto ► O 11 de xullo comezaron a traballar os primeiros carroceiros, que fan posible unha edición con doce participantes
undefined
photo_camera O Folión contará este ano cun total de doce carros, nos que traballan os participantes dende hai xa un mes. MIGUEL PIÑEIRO

Hai un mes, o pasado 11 de xullo, chegaron ata o mercado gandeiro os primeiros carroceiros para traballar na construción do carro co que o vindeiro día 27, con Chantada mergullada nas súas festas patronais, participarán no Folión, que volverá despois de dous anos de ausencia.

Detrás deles viñeron moitos outros que dende mediados do pasado mes fan que no recinto soen polas tardes martelos ou serras. Traballan arreo para chegar a tempo á data marcada, cando os asistentes verán o traballo de moitas horas, días e semanas.

undefined
 O Folión contará este ano cun total de doce carros, nos que traballan os participantes dende hai xa un mes. MIGUEL PIÑEIRO

"Había gañas de Folión, despois de dous anos xa tocaba", apunta o presidente da asociación Amigos do Folión, que organiza o evento, Manuel Vázquez Regal, 'Pica'. El mesmo adoitaba pasar as tardes e noites do verán entre ferramentas e madeira, unha actividade que pode parecer ingrata, pero vendo as caras de quen participan nela, máis ben semella o contrario.

Dende o colectivo apuntan que cada ano entregan a quen está interesado en participar no Folión unha media de dous metros cúbicos de madeira e 20 puntóns por carro, máis ferretería e pintura. Calquera material eléctrico necesario para o carro, onde o sábado das festas patronais se representan escenas da vida tradicional de Chantada (coma romerías ou oficios), debe conseguilo a xente.

Na edición do regreso do Folión serán un total de doce os carros participantes. Antes dese momento, no mercado gandeiro respírase xa certa rivalidade, aínda que sqá. Non por iso desaparece a camaradería. Todos destacan o bo ambiente e o compañeirismo que se xera nas semanas previas.

undefined
 O Folión contará este ano cun total de doce carros, nos que traballan os participantes dende hai xa un mes. MIGUEL PIÑEIRO

En primeira persoa. Roberto Osorio leva case 30 anos facendo carros e nunca falta á cita co particular obradoiro xigante que se instala no mercado gandeiro, ao que adoitan asistir entre 50 e 100 persoas, segundo os datos aportados por fontes de Amigos do Folión. "Fágoo sobre todo pola relación cos outros carroceiros e tamén polas instalacións, que son inmellorables", relata este participante veterano no Folión, que este ano sairá a concurso con dous carros, a falta de un.

A asociación que organiza o Folión cede aos participantes madeira, ferretería e pintura para elaborar os seus carros

Pola súa banda, Carlos Fontao comezou de neno, con dez ou 15 anos, a pasar as tardes e noites de verán construíndo carros. Este ano comezou a traballar o 15 de xullo, pensando dende entón no 27 de agosto. "O mellor disto é o ambiente cos compañeiros, porque aínda que en certo modo somos rivais, se podes deixar algo que lle falta a outro, déixalo", di.

Máis novo que eles é Marcos Arrojo, quen comezou moi pequeno, acompañando o seu pai. El e os seus comezaron sobre o 20 de xullo a elaborar o carro. "Gústame o traballo físico e moitas veces prefiro vir aquí pasar a tarde que ir tirarme á piscina", relata.

undefined
 O Folión contará este ano cun total de doce carros, nos que traballan os participantes dende hai xa un mes. MIGUEL PIÑEIRO

Héctor Diéguez é dende hai aproximadamente 20 anos outra cara habitual do Folión de Carros. Nesta ocasión comezou o pasado 2 de agosto. "Sempre hai moi bo ambiente e boas relacións entre quen facemos os carros e iso é o que máis me gusta", destaca.

Para José Manuel González, que acumula nas súas costas máis de tres décadas coma carroceiro, o mellor é o contacto ca xente nova. "Sempre coñeces a rapaces e rapazas de 17 ou 18 anos que nunca viras antes", afirma.

Comentarios