Os folguistas do hospital de Monforte encérranse no despacho dunha directiva

Os paróns no centro efectúanse os martes e xoves desde o mes de abril

Hospital de Monforte. TOÑO PARGA
photo_camera Hospital de Monforte. TOÑO PARGA

Un grupo de traballadores en folga no hospital de Monforte de Lemos encerráronse este martes durante máis de dúas horas no despacho dunha directiva do servizo de Enfermería do centro, informaron fontes sindicais.

Os traballadores do citado hospital están desde finais de abril en folga os martes e xoves para denunciar a pretensión da Consellería de Sanidade de reformar o sistema público de saúde.

A iniciativa supón unha nova medida de presión para expresar a súa oposición frontal á Lei de Saúde aprobada polo PPdeG no Parlamento de Galicia.

Un portavoz do sindicato CIG-Saúde para o sur de Lugo, Vicente Vázquez, indicou que 16 persoas secundaron a folga e insistiu en que os convocantes contan co respaldo maioritario dos traballadores, obrigados a respectar uns servizos mínimos no hospital público.

Lamentou que non exista por parte do Sergas, o organismo que xestiona os hospitais públicos, "ningunha vontade de negociar" ou de chegar "a un acordo" cos sindicatos que manteñen a convocatoria de folga os martes e xoves desde o 24 de abril.

Segundo Vázquez, a folga notouse este martes  no servizo de Radiación, nas consultas de Dermatoloxía e Oftalmoloxía, e incluso nos quirófanos, o que xerou que haxa pacientes "encabuxados, porque se suspenderon probas", e pediu "·desculpas" por iso, pero considerou que iso "non é culpa nosa".

Vázquez indicou que o vindeiro venres os folguistas prevén acudir o vindeiro venres ao hospital Lucus Augusti para expresar o seu malestar polos plans da Xunta.

Comentarios