Folgoso remitirá á Xunta "todos os informes" sobre os danos ocasionados no incendio do Courel

A alcaldesa, Lola Castro, acredita que no municipio seguen en shock "" polo ocorrido, e máis cando se di que é o maior incendio de Galicia"
Monte quemado en O Courel. CARLOS CASTRO (EUROPA PRESS)
photo_camera Monte queimado en O Courel. CARLOS CASTRO (EUROPA PRESS)

O Concello de Folgoso do Courel remitirá desde este mesmo luns á Xunta "todos os informes" sobre as vivendas destruídas --ao redor dunha quincena-- polo gran incendio do Courel, extinguido o xoves da pasada semana e que levou por diante 11.100 hectáreas. 

A alcaldesa, Lola Castro, acredita que no municipio seguen en shock "" polo ocorrido, e máis cando se di que é o maior incendio de Galicia". "Iso dá moitísima tristeza", apostila. 

"Imos recuperando as forzas. Estamos a organizar todo e esperando polos informes técnicos. Empezamos xa coas ordes para axudar a todo o mundo a habilitar as subvencións ás que teñan dereito, as da Xunta neste caso", que se poden pedir ata novembro, subliña. 

Tamén se está á espera de que o Goberno central declare a zona catastrófica, unha petición que xa se formulou nun pleno extraordinario celebrado a pasada semana neste Concello. 

"Estamos á espera desa declaración de zona catastrófica, que se supón que traerá algún tipo de axuda para o concello", sentenciou a alcaldesa. 

Neste contexto, Castro non quixo deixar escapar a ocasión para "agradecer" aos numerosos voluntarios que se están sumando para a limpeza do que se queimou con este lume na Serra do Courel. 

A alcaldesa advirte que todas estas xestións "levarán o seu tempo", ademais de puntualizar que "aínda que hai unha semana que acabou de arder, este domingo houbo algunha reprodución no terreo ardido e houbo que refrescar o chan coas carrocetas". "As altas temperaturas propician isto", explica.

Comentarios