"O lume viña endiañado, coma se tivese vida propia"

Os veciños viron evolucionar o lume con preocupación: "Foi un verdadeiro horror, coma se fose o inferno"

Unha das primeira persoas en avisar os servizos de urxencia do incendio forestal que na tarde deste xoves propagouse de forma descontrolada por Monforte foi unha moza que reside nas proximidades de Seoane e rexenta a tenda de moda Mariam na Rúa Cardenal. Sinalou que viu evolucionar o lume ata que cobrou unha magnitude que cualificou de horrorosa, "coma se fose o inferno".

Non lonxe de alí, en Moreda, Teresa Blanco indicou que "o lume viña endiañado, coma se tivese vida propia". Ela, o seu marido e o seu fillo foron capaces de refrescar a contorna da súa vivenda, dos seus alpendres e dos espazos nos que crían animais de curral para que o lume, que pasou de esguello, non afectase a súa propiedade. "A verdade é que ao final foi un milagre", destacou Teresa Blanco.

Comentarios