Finalizada unha pasarela peonil entre o consistorio e a cámara agraria en Sober

EL CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ALFONSO RUEDA, DE VISITA EN SOBER
photo_camera Autoridades na pasarela peonil de Sober. XUNTA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este luns Sober, onde se reuniu co seu alcalde, Luis Fernández, para ver o resultado final da construción da pasarela peonil entre a casa consistorial e a cámara agraria. Segundo informou o Goberno galego nun comunicado, esa é unha das actuacións realizadas dentro da orde de infraestruturas de uso público, cun investimento total de 40.000 euros, e a través da cal tamén se realizaron obras na planta alta do edificio da cámara agraria para albergar espazos municipais. 

Alfonso Rueda destacou que a colaboración entre a Administración autonómica e o local permite realizar "actuacións que repercuten en mellorar no día a día dos cidadáns". Engadiu que desde a Xunta manteñen un diálogo cos concellos por ser "máis próximos á cidadanía" e os que "mellor coñecen as demandas e necesidades" dos seus veciños. 

Por outra banda, o Goberno galego destinou o ano pasado case 7.500 euros á mellora da eficiencia enerxética do municipio, onde nos "últimos anos" o investimento foi de case 430.000 euros. 

Comentarios