A parroquia pantonesa de Tribás xa conta con abastecemento de auga

A Xunta anuncia a finalización das obras, nas que se investiron 253.000 euros, e formalizou a entrega da rede ao Concello para a súa posta en march

091020AbastecementoPanton
photo_camera Acto de recepción da obra en Pantón. EP

A Consellería de Infraestruturas anunciou a finalización dos traballos para dotar á parroquia de Tribás (Pantón) de abastecemento de auga. As actuacións contaron cun investimento de 253.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou no acto de recepción da obra, ao que seguiu a inmediata formalización da entrega ao Concello, que se encargará da súa posta en funcionamento.

O proxecto requiriu da execución dunha nova captación e dun depósito, ademais da instalación material da nova rede de abastecemento ata as vivendas coas características necesarias para dar servizo a todos os veciños. 

Comentarios