O Fest Clásico Ribeira Sacra acollerá catro concertos en sitios singulares

Celebrarase entre o 22 e o 29 de agosto
Presentación del Fest Clásico Ribeira Sacra. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Presentación do Fest Clásico Ribeira Sacra. XUNTA DE GALICIA

O Fest Clásico Ribeira Sacra, que terá lugar entre o 22 e o 29 de agosto, ofrecerá catro concertos e a entrega do premio Galimusic en espazos singulares da zona, que comprende as provincias de Ourense e de Lugo e que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, as deputacións de Lugo e Ourense, os Consorcios da Ribeira Sacra e dos Peares, os concellos da Ribeira Sacra e diferentes empresas. 

A programación arrincará o 22 de agosto ás 19:30 horas no Consorcio Local Os Peares coa música de Alejandro Gómez e Miguel Ángel Ortega e seguirá o 27 de agosto no mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón. O terceiro concerto terá lugar o 28 de agosto ás sete da tarde na igrexa do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil e, para rematar, o 29 de agosto péchase a programación o Consorcio Local dos Peares, coa entrega do premio Galimusic. Pola tarde, ás 19:30 horas terá lugar a clausura no auditorio municipal de Monforte de Lemos. 

Comentarios