A Festa da Pisa da Castaña cancélase debido ao aumento de casos de coronavirus

A celebración estaba prevista para este domingo, día 5.
Una edición anterior a la pandemia de la Festa da Pisa da Castaña. AEP
photo_camera Una edición anterior a la pandemia de la Festa da Pisa da Castaña. AEP

A asociación Fonte do Milagre, do Courel, comunicou este mércores a cancelación da tradicional Festa da Pisa da Castaña, que adoita celebrarse na aldea de Froxán, debido á actual situación epidemiolóxica. A celebración estaba prevista para este domingo, día 5.

Ademais, a mostra de serrado de madeira queda posposta ata nova data. O colectivo indicou tamén que se procederá á devolución das transferencias recibidas para o menú pisador.

Este evento foi declarado Festa de Interese Turístico en 2006. Consiste nunha exaltación do traballo que facían no pasado os courelaos para manter as castañas secas e preparadas para ser consumidas durante todo o ano.

Comentarios