Tres feridos en senllos sucesos en Brollón e Chantada

En Pacios de Veiga houbo unha saída de vía e na vila da Asma un atropelo
photo_camera LOGO EP Última hora

Tres persoas resultaron este luns pola mañá feridas de carácter leve nun accidente ocorrido na Pobra do Brollón e un atropelo que tivo lugar en Chantada.

O primeiro dos accidentes tivo lugar na estrada secundaria que une Pacios de Veiga con Santa Cruz do Incio, por Canedo e Óutara (LU-P-4706). á altura do quilómetro 4 un turismo saíuse da calzada e os seus dous ocupantes resultaron feridos leves.

Ás 11.30 horas os servizos de urxencia mobilizáronse en Chantada para atender un atropelo nas inmediacións do mercado gandeiro. Un octoxenario resultou ferido de carácter leve e foi trasladado ao hospital.