En estado grave un dos atropelados en Chantada por un condutor que se deu á fuga

O condutor foi interceptado e deu positivo en alcolemia
Lugar del atropello. EP
photo_camera Lugar del atropello. EP

O chantadés atropelado a noite do martes xunto ao paseo fluvial atópase en estado grave tras o suceso. A súa muller, coa que se atopaba no momento que ocorreron os feitos, tamén sufriu feridas, aínda que de carácter máis leve.

O condutor deuse á fuga tras arroiar ao matrimonio no paso de peóns elevado da Avenida de Ourense, que conecta o tramo do paseo máis próximo ao centro urbano coa área recreativa de O  Sangoñedo. Foi interceptado pola Policía Local pouco despois do atropelo.

Fuentes consultadas por este diario indicaron que o condutor, un mozo veciño do municipio, deu positivo no test de alcoholemia que se lle practicou, polo que foi posto a disposición xudicial.

Comentarios