Trasladado ao hospital un peón alcanzado por unha motocicleta en Monforte

Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
photo_camera Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)

Un peón duns 50 anos resultou ferido na mañá deste luns tras ser alcanzado por unha motocicleta en Monforte e tivo que ser evacuado para recibir asistencia médica no hospital. Segundo informou a Policía Local, o accidente produciuse na contorna da rúa Lagares a uns minutos das nove da mañá e a moto circulaba a pouca velocidade.

A causa do golpe, o home resultou ferido nun brazo, polo que a Policía Local chamou ao 112 e solicitou o envío dunha ambulancia do 061, cuxos profesionais, logo de prestarlle os primeiros auxilios no lugar do accidente, ocupáronse de evacualo ao Hospital Público de Monforte.

O 112 tamén avisou aos Bombeiros de Monforte e á agrupación de voluntarios de Protección Civil.