Ferido un octoxenario nunha saída de vía en Pantón

O coche que conducía saíuse da calzada en Atán e envorcou

TEAT9498
photo_camera Un guindastre evacúa a furgoneta sinistrada. TOÑO PARGA

Un veciño de Pantón resultou ferido nun accidente ocorrido na mañá deste xoves nunha estrada local do municipio, na parroquia de Atán. O home foi evacuado ao hospital comarcal de Monforte por unha ambulancia.

O sinistro tivo lugar pouco antes das once da mañá cando o octoxenario conducía unha furgoneta por unha pista de Atán que desemboca na antiga Nacional 120. Nun momento dado perdeu o control do vehículo, que se saíu de vía, subiu por un noiro e envorcou.

Segundo as fontes consultadas, o home dirixíase a traballar a un viñedo e ao parecer sufriu unha indisposición ao volante.