Ferido un motorista nunha colisión cun turismo en Chantada

O accidente produciuse na rúa Afonso XIII

Un motorista resultou ferido na tarde deste sábado en Chantada ao chocar a súa moto cun turismo na rúa Afonso XIII.

O suceso produciuse ao redor das 16.30 horas e, segundo informou o 112 Galicia, ata o lugar do accidente desprazouse un equipo médico para atender ao motorista, que, debido ao impacto, quedou tendido na vía.