Ferido un veciño da Pobra do Brollón en Monforte cando circulaba nun triciclo

Un turismo que saía do aparcadoiro do parque dos Condes arroiou o ancián
Aparcamiento del parque de Os Condes, en el que se mejorará la iluminación. AEP
photo_camera Aparcadoiro do parque dos Condes. AEP

Un veciño da Pobra do Brollón duns 90 anos resultou ferido pasadas as doce da mañá deste sábado na zona do parque dos Condes de Monforte, cando o arroiou un turismo que saía do aparcadoiro que hai no lugar. O nonaxenario conducía un triciclo cando acabou no chan tras impactar con el un coche.

Foi axudado por uns transeúntes e a pesar de dicir que se atopaba ben se decidiu trasladalo en ambulancia ao hospital comarcal.