Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Tres vehículos víronse implicados nun accidente no centro urbano de Monforte

Dous vehículos implicados non accidente de Monforte. ANA SOMOZA
Dous vehículos implicados non accidente de Monforte. ANA SOMOZA

O accidente tivo lugar na Rúa Chantada  Unha muller sufriu feridas leves

CHANTADA. Tres coches sufriron este martes un aparatoso accidente ao redor das cinco da tarde.

O suceso tivo lugar na Rúa Chantada, en pleno centro da cidade do Cabe. Foi un accidente múltiple. Un vehículo chocou por detrás contra outro que, á súa vez, golpeou ao que tiña diante.

No primeiro coche da fila viaxaba unha muller que sufriu feridas de carácter leve. Un golpe nas cervicais provocoulle mareos, así que se optou por trasladala ata o hospital comarcal. Os outros dous condutores saíron ilesos, aínda que os seus dous vehículos presentaban fortes impactos.

Tres vehículos víronse implicados nun accidente no centro urbano de...