Ferido un home tras envorcar o tractor que conducía en Taboada

Cando chegaron os servizos de urxencias, o home atopábase ferido aínda que estaba liberado

Un home resultou ferido logo de envorcar o tractor que conducía nunha leira este mediodía no lugar de Carballo, no termo do municipio lucense de Taboada.

O suceso ocorreu preto das 12,15 horas, momento no que os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia a saída dun helicóptero medicalizado por un accidente de tractor nunha leira particular.

Segundo os servizos de urxencias o home atopábase ferido aínda que estaba liberado. Ante o ocorrido, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, do GES de Monterroso e de Protección Civil da localidade.

Posteriormente o home non tivo que ser trasladado en helicóptero, aínda que a aeronave medicalizada xa se trasladara ata a zona e tomara terra no lugar do suceso.

O incidente concluíu co desprazamento do paciente en ambulancia ata os centros hospitalario de referencia, explicou o 112 Galicia.