Ferido grave un home ao que pasou por encima un tractor na Pobra do Brollón

A vítima foi evacuada en helicóptero

Un home resultou ferido de gravidade este martes ao ser atropelado por un tractor na Pobra do Brollón.

Os feitos sucederon na parroquia de Castrosante preto das 12.30 horas, cando, segundo os particulares que alertaron ao 112, o vehículo agrícola pasou por encima do corpo do home. 

Desde a central de urxencias, mandaron aviso aos profesionais sanitarios —que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, aos bombeiros de Monforte de Lemos e a Garda Civil. No entanto, unha vez no lugar do accidente, comprobaron que o ferido estaba liberado e accesible, polo que descartaron empregar o material de excarceración.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Folgoso do Courel e Protección Civil da localidade.