Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Ferido un condutor duns 50 anos tras sufrir unha saída de vía en Chantada

Unha zona da parroquia de San Salvador de Asma, en Chantada. GOOGLE MAPS
Unha zona da parroquia de San Salvador de Asma, en Chantada. GOOGLE MAPS

O ferido foi evacudado ao hospital de Monforte tras o sinistro ocorrido en Quintela pouco antes das 9.00 horas

Un home de 50 anos foi evacuado este martes pola mañá ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos logo de sufrir un accidente de circulación nunha estrada local que leva ao encoro dos Peares, no municipio de Chantada.

Segundo informaron a Efe fontes do Centro Integrado de Atención a Urxencias de Galicia (CIAE), o accidente produciuse ás 8.53 horas a parroquia de San Salvador de Asma, no lugar de Quintela.

Por causas que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do vehículo, que acabou por saírse da vía.

O 061 enviou ao lugar do accidente a un equipo sanitario que, logo de prestarlle os primeiros auxilios, evacuou ao ferido nunha ambulancia asistencial. Tamén foi mobilizada polo 112 a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros da localidade.

Ferido un condutor duns 50 anos tras sufrir unha saída de vía en...