Ferida a condutora dun turismo que envorcou nunha saída de vía en Quiroga

O sinistro produciuse ás 8.22 h. en Bendilló

Unha muller de 42 anos de idade e iniciais P.Q.V resultou ferida na mañá deste luns ao saírse da vía e envorcar o turismo que conducía no municipio lucense de Quiroga.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención a Emerxencias de Galicia (Ciae), o accidente produciuse ás 08:22 horas á altura do quilómetro 483 da estrada nacional 120, no lugar de Bendilló, en Quiroga.

O 112 mobilizou aos bombeiros, á Garda Civil, aos servizos sanitarios e a Ges da localidade, aínda que non foi preciso excarcerar á condutora, que saíu do vehículo polos seus propios medios.

A vítima foi evacuada por unha ambulancia asistencial do 061 ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.