martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

A feira vitícola de Chantada acollerá un túnel do viño para profesionais

Público participante na feira do pasado ano. AEP
Público participante na feira do pasado ano. AEP
A actividade, que terá un custo de dez euros, desenvolverase no auditorio 

A Feira do Viño de Chantada, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de marzo, acollerá un túnel do viño dirixido a profesionais do sector. A actividade desenvolverase no auditorio municipal. Os interesados en participar deberán abonar unha entrada de dez euros. É a primeira vez nos 38 anos de vida da feira que se organiza un acto destas características.

O recinto feiral abrirase o día 6 ás 20 horas. Unha orquestra amenizará unha verbena a partir das 23 horas. Na xornada do 7 diferentes grupos musicais amenizarán a feira, que, como todos lso anos espérase que sexa multitudinaria. O día 8 os postos dos bodfegueros abrirá ás 11 horas. ás 16 horas procederase á entrega de premios aos mellores caldos presentes no certame.

A feira vitícola de Chantada acollerá un túnel do viño para...
Comentarios