Falece o coleccionista monfortino José Luís Martínez Montero

A súa casa era un museo con carteis de cine, libros ou publicacións vinculadas a Monforte
Martínez Montero. TOÑO PARGA
photo_camera Martínez Montero. TOÑO PARGA

O coleccionista monfortino José Luís Martínez Montero faleceu esta madrugada na súa cidade natal. Traballador do servizo de mantemento de estradas retirado, Montero iniciou fai máis de catro décadas unha intensa paixón polo coleccionismo.

A súa casa era un auténtico museo no que destacaba o gusto de Montero polos carteis de cine e polos libros, revistas ou publicacións en papel vinculadas a Monforte. Na súa infinita colección non faltaban pezas como A coroa de lume de Amor Meilán ou un tratado de teoloxía en latín escrito en 1646 pola xesuíta Francisco de Oviedo sobre o noveno Conde de Lemos.

En 2019 Montero chegou a un acordo co Concello de Monforte ao que lle cedeu parte dos seus fondos para unha exposición permanente.

Montero coleccionaba por pracer, porque gozaba pasando as follas deses libros que falaban da súa terra e vendo as curiosas filigranas dos programas de cine. Se algo lle entusiasmaba era compatir todo este material cos seus amigos ao abrigo dunha boa conversación.

Comentarios