A facultade de Económicas da USC outorga a Daveiga o premio Fulget

A empresa foi condecorada pola súa aposta pola economía social, a innovación e o desenvolvemento rural
Trabajadoras de la empresa empaquetan lotes de las famosas galletas mariñeiras Daveiga. AEP
photo_camera Traballadoras da empresa empaquetan lotes das famosas galletas mariñeiras Daveiga. AEP

A empresa Daveiga foi condecorada co premio Fulget, que concede a facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O galardón recoñece á firma chantadesa pola súa aposta pola economía social, os elementos innovadores dos seus produtos e a súa contribución ao desenvolvemento rural. Ademais, desta forma agradécese a colaboración da empresa con diversas accións formativas e proxectos da facultade.

á hora de dar o premio tívose tamén en conta os 80 postos de traballo xerados nos últimos anos e os máis de seis millóns de euros facturados.

O proxecto foi presentado polo catedrático de Economía Aplicada da facultade, Xavier Vence Deza, e entregado polo reitor da USC, Antonio López.

O coordinador de Daveiga, Xosé Lois Lamazares, agradeceu o recoñecemento en nome de todas as persoas que forman parte do proxecto e aproveitou para defender o modelo de xestión das empresas de economía social.

"Son organizacións empresariais participativas e teñen como obxectivos principal ser útiles para a sociedade, cunha clara vocación de redistribución do valor engadido xerado", indicou o responsable de Daveiga, quen engadiu que todos estes valores son compatibles "cunha remuneración digna".

Comentarios