A fábrica de calzado monfortina Losal cambia vos zapatos polas máscaras

A firma xa se puxo en contacto co Concello e o hospital comarcal

A fábrica de calzado monfortina Losal cambiou a confección de zapatos pola de máscaras. O xerente da firma, Gonzalo López Otero, sinalou que adquiriu tea específica para a súa confección en empresas do Levante español e que tras a chegada do material comezaron a producilas en serie na súa fábrica situada na Rúa Miguel de Cervantes.

Toda a familia desta empresa, que ten ás súas costas 150 anos de historia, traballan de xeito conxunto na produción.

Comezaron ás 10.30. horas deste domingo e pasadas as 13.00 horas xa dispuñan de máis de 300 pezas.

Losal púxose en contacto co Concello e o hospital comarcal para ofrecerlles as máscaras que fagan falta.

Comentarios