Extinguido o incendio forestal de Quiroga tras queimar 100 hectáreas 

"Todo parece indicar" que o lume foi provocado por un raio

Incendio en Quiroga. @BrifLaza
photo_camera Incendio en Quiroga. \BrifLaza

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido na tarde deste martes o incendio forestal que afectaba o domingo a Quiroga. Segundo as súas estimacións, queimou un total de 100 hectáreas. 

O lume iniciouse ás 17.31 horas do domingo e "todo parece indicar" que foi provocado por un raio, segundo a Consellería, que o deu por estabilizado durante a tarde do luns e por controlado na mañá deste martes. Nas tarefas participaron cinco avións, 11 helicópteros, 43 brigadas, 15 motobombas, nove axentes, un técnico e dúas pas. 

O outro incendio que afectou nas últimas horas a Galicia, en Chandrexa de Queixa (Ourense), tamén quedou controlado durante o luns. O lume, iniciado na madrugada dese mesmo día, queimou unhas 23,4 hectáreas na parroquia de Casteligo. 
 

Comentarios