Extinguen en menos dunha hora un incendio na Pobra do Brollón

O municipio da Probra do Brollón rexistrou un pequeno incendio que afectou a 0,02 hectáreas de monte arboledo. O lume iniciouse ás 17.22 horas e sufocouse unha hora despois, segundo informou a Consellería de Medio Rural.

A rápida actuación dos equipos de extinción de incendios foi fundamental para evitar a propagación das lapas. Neste labor participaron un helicóptero, dúas brigadas e un axente forestal.

Comentarios