A exhumación do represaliado Gervasio González acaba sen éxito

Las tareas se prolongaron durante tres jornadas y en ellas estuvo presente María José Franco, una de las nietas de Gervasio González
Tareas de búsqueda de Gervasio González en Brollón. ARMH
photo_camera Tarefas de procura de Gervasio González en Brollón. ARMH

A procura que levaron a cabo un grupo de dez voluntarios no cemiterio de Fornelas (A Pobra do Brollón) para tratar de localizar os restos de Gervasio González, un sindicalista asasinado por falanxistas en 1936, terminou sen resultados.

Así confirmou a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) nun comunicado, no que explicou que os labores se deron por finalizadas a tarde de onte e que non foi posible atopar os restos. A ARMH engadiu que os restos foron "removidos" nunha actuación posterior ao seu enterramento que non "respectou o espazo" onde se depositou o corpo.

O lugar, segundo a asociación, non tiña ningún tipo de sinalización, pero era coñecido polas "persoas responsables do cemiterio". As tarefas prolongáronse durante tres xornadas e nelas estivo presente María José Franco, unha das netas de Gervasio González, detido por falanxistas o 5 de setembro de 1936 e asasinado dous días despois.

Os voluntarios revisaron o último espazo no que podería atoparse o corpo e desenvolveron uns labores "especialmente complexos" polas intervencións que se fixeron no cemiterio tras o enterro de Gervasio. A asociación indicou que solicitará ao Concello que se coloque unha placa no lugar para recordar a este home "que cría nos dereitos de todos".

Comentarios