Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Estabilizado o incendio forestal de Quiroga, que arrasou 100 hectáreas

Incendio en Quiroga. <sent>BrifLaza
Incendio en Quiroga. BrifLaza

O incendio comezou ás 17:31 h. deste domingo e todo parece indicar que foi provocado por un raio

A Consellería de Medio Rural informou de que o lume do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro quedou estabilizado ás 17:55 horas, tras arrasar cen hectáreas.

O incendio comezou ás 17:31 h. deste domingo e todo parece indicar que foi provocado por un raio.

Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de ao redor de 100 hectáreas. Participan no operativo, informa a Xunta nun comunicado, 1 técnico, 9 axentes, 43 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.

Doutra banda, quedou controlado ás 15:59h. o lume forestal declarado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Casteligo.

Este incendio comezou ás 01:10 h. da madrugada de hoxe e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 23,4 hectáreas de monte raso.

Na súa extinción traballan 3 axentes, 16 brigadas, 5 motobombas, 7 helicópteros e 2 avións. 

Estabilizado o incendio forestal de Quiroga, que arrasou 100 hectáreas
Comentarios