Entran a roubar en dous bares de Monforte e causan varios desperfectos

Todo a punta a que os ladróns usaron inhibidores
El bar Breogán. EP
photo_camera O bar Breogán. EP

Os bares Breogán e Prisma da Avenida de Galicia de Monforte sufriron este xoves de madrugada senllos asaltos. No Breogán os cacos forzaron a porta e lograron abrir as máquinas de tabaco e comecartos. Ademais, levaron o computador e o equipo de música.

No bar Prisma, que está a 10 metros do anterior, accederon por unha porta lateral tras forzar a fechadura. Alí levaron a recadación do comecartos. En ningún dos locais saltaron as alarmas nin funcionaron as videocámaras polo que todo apunta a que os ladróns usaron inhibidores.

Aos roubos desta madrugada sumar un a noite do martes ao mércores no bar Laiosa de Bóveda no que tamén asaltaron a máquina comecartos tras romper os cristais da porta. Neste caso se soou a alarma, o que puido evitar que o asalto fose maior.

O bar Prisma. EP[O bar Prisma. EP]

Máis en Ribeira Sacra