O empresario José Antonio Eiriz desmente que encabece a lista de Ciudadanos en Monforte

Asegura que está implicado co proxecto do PP

EIRIZ002
photo_camera José Antonio Eiriz, nunha foto de arquivo. EP

O empresario monfortino José Antonio López Eiriz, quen dirixe unha xestoría no Paseo da Compañía da cidade do Cabe, desmentiu que se haxa compremetido con Ciudadanos para encabezar a lista que este partido pretende presentar ás próximas eleccións locais, as do 26 de maio.

Eiriz recoñeceu que o chamaron numerosas persoas coñecidas ao haberse difundido tal posibilidade, dicíndolles a todos que non había nada respecto diso, que se trataba dun bulo, máxime cando está afiliado desde hai anos ao Partido Popular e, destacou, "moi implicado no proxecto da miña formación".

O secretario de organización de Ciudadanos en Galicia, Laureano Bermejo, visitou recentemente Monforte, entrevistándose co presidente da denominación de orixe Ribeira Sacra. Foi cando dixo que a súa formación tiña a intención de presentar lista en Monforte e noutros municipios da zona sur da provincia.

Comentarios