Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Drones, cans e cabalería súmanse ao dispositivo de procura de 'Misi'

Os encargados de buscar a Misi xa organizaron unha primeira batida no río. TOÑO PARGA
Os encargados de buscar a Misi xa organizaron unha primeira batida no río. TOÑO PARGA

Isabel Rodríguez confirma que están a organizar unha batida máis ampla para atopar ao desaparecido de Monforte

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmou que se está organizando" un novo dispositivo de procura –no que poderían participar drones, cans adestrados e o Escuadrón de Cabalería da Garda Civil– para tratar de atopar a Misi, o sesaxenario desaparecido en Monforte de Lemos o venres 3 de agosto.

A subdelegada sinalou que "logo de facer un primeiro recoñecemento do río a semana pasada", agora estase organizando un novo dispositivo no que participarán varios grupos de voluntarios coordinados pola Policía Nacional".

BATIDA MÁS AMPLA. Rodríguez avanzou así mesmo que "posiblemente se contará tamén con cabalería e cans para facer unha batida máis ampla en toda a zona de Monforte", na que probablemente tamén se utilizarán "drones" do servizo de urxencias do 112 Galicia.

"Aínda faltan cousas por confirmar, pero xa se está traballando no tema e probablemente esta semana, se cadra, xa se poida realizar esa batida", indicou a subdelegada do Goberno.

"Moi prontito vai á ser, iso seguro", confirmou Rodríguez.

Drones, cans e cabalería súmanse ao dispositivo de procura de 'Misi'