Dúas persoas resultaron feridas tras saír da vía o vehículo no que viaxaban pola N-120, á altura de Pantón.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Monforte para sacar os dous ocupantes do interior do vehículo. Finalmente, os profesionais sanitarios encargáronse do traslado dos feridos ao centro hospitalario de referencia.
Tamén foi requirida a presenza dos axentes da Garda Civil de Tráfico para recuperar as condicións de seguridade da vía.